top of page

O BAILE DO SOL

Mentres Albén aínda ten que aprender se as lendas e os contos son a crónica dun suceso real, ou se a realidade é só un soño morno, caldo, pero sempre imprevisible, a vida da aldea onde sucede esta historia é como a dun formigueiro en a rebato. Os múltiples personaxes que desfilan pola novela semellan inquedos, aguilloados por urxencias que estouran como as bombas do día da festa. Unha sintonía de ruído e fume.

Sen embargo, no momento do solsticio (solstitium, solis sistere), cando o sol aparenta quedo, estático, a moura (Moura Dana, por exemplo) transfórmase en serpe, e a serpe a seguir embelécase sobre si ata formar, se cadra, unha esfera ovoide, preámbulo do chamado “ovo druídico”, un cristal máxico que ata o mesmísimo mago Merlín procurou sen resultado.

Quen lea este fermoso libro de Xerardo Méndez sentirá que o tempo, ao ir pasando as páxinas, se move cada hora máis gozoso, coa lentura dos días do estío, e cando a emoción aboia, tal serpe que se enrodela para darlle forma máxica ao cristalino ovo máxico, o sol, quedo, danzará, podes crerme, para ti, prezado lector ou lectora.

Antonio Reigosa

Se es de aldea encantarache. E se non, tamén.

Tags:

Featured Posts
Recent Posts
Archive
Search By Tags
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page